Volven as clases de gaita e percusión tradicional

Volven as nosas clases de gaita e percusión tradicional para todas as idades. A música tradicional galega está máis viva ca nunca, e na Escola Chaneira queremos que ti tamén formes parte da nosa cultura. Un ano máis abrimos as portas cunha ampla oferta de actividades pensadas para quen desexa aprender, gozar e perfeccionar a súa técnica na nosa música.

Cartel de actividades de folclore galego, clases de gaita e percusión tradicional curso 2025/2026

Que podes atopar na Escola Chaneira e nas nosas clases de gaita e percusión tradicional?

🎶 Clases de gaita galega

En outubro darán comenzo as clases de gaita para tódolos niveis. Se o teu soño sempre foi tocar a gaita comeza dende o principio coas clases de iniciación á gaita os xoves de 20:30 a 21:30 horas, poderás ver os teus avances en pouco tempo. Leva a cabo o teu soño e toca a gaita para dar vida a nosa música.

Será unha gran vantaxe se xa tocaches algún instumento de vento como frauta, oboe, clarinete ou saxo. Malia que moi diferente, seguro que a túa experiencia previa, pode axudar moito, pero podes comezar a calquera idade con o sen coñecementos previos de música. O noso experimentado profesor adáptase ao teu nivel sempre.

Por outa banda, se xa tocas, axudarémoste a mellorar a técnica, ampliar repertorio e descubrir novas formas de interpretación coas clases de perfecionamento de gaita os xoves de 19:30 a 20:30 horas.

Descobre cancións feitas por maestros especialmente para o repertorio de gaita de Os Chaneiros, aprende con gaiteiros e gaiteiras con gran experiencia e supérate para continuar coa nosa cultura da man dun grupo con máis de 50 anos de traxectoria.

🥁 Clases de percusión tradicional galega

Tamén este outubro poderás comezar nas nosas clases de percusión tradicional. Poderás practicar coa pandeireta, co tambor, tamboril ou bombo. Sen límite de idade, con ou sen coñecementos previos, ven conosco os sábados para aprender na Escola Chaneira.

Contas con clases de iniciación á percusión tradicional os sábados de 12:00 a 13:00 horas para aprender o manexo do tamboril, da pandeireta, ou do bombo dende o primeiro día. Mantén viva a nosa cultura e forma parte dun grupo con gran traxectoria.

Ademais, se xa tocas algún destes instrumentos de percursión, tamén poderás mellorar o teu estilo, dominar ritmos máis complexos e gañar confianza para acompañar grupos ou actuar en público. Temos clases de perfecionamento de percusión tradicional os sábados de 11:00 a 12:00 horas.

Contamos contigo!

Por que elixir a Escola Chaneira?

  • Contamos con profesorado especializado e experimentado na ensinanza de música tradicional galega.
  • Poñemos en práctica unha metodoloxía práctica e adaptada ao teu nivel.
  • Temos un espazo compartido con chaneiros de tódalas idades, persoas apaixonadas pola nosa tradición e encantadas de compartir a nosa paixón coa comunidade.

Na Escola Chaneira non só aprenderás a tocar: vivirás a nosa cultura. Porque a tradición mantense viva cando a practicamos xuntos.

Como apuntarte?

Moi sinxelo, dende aquí mesmo, elixe o teu método prefirido para contactar connosco:

👉 Este curso pode ser o teu momento. Atrévete a dar o paso e dálle vida á música galega!

E se aínda non o tes claro, mira as nosas redes para ver do que podes ser capaz:

Preguntas frecuentes sobre as clases de gaita e percusión tradicional

Tes dúbidas sobre horarios, niveis ou instrumentos? Na Escola Chaneira temos respostas claras e solucións para que só teñas que preocuparte de desfrutar da música nas nosas clases de gaita e percusión tradicional.

➡️ Preciso experiencia previa para apuntarme?

Non. Temos grupos de iniciación pensados para quen comeza desde cero e grupos de perfeccionamento para quen xa ten coñecementos e quere mellorar a súa técnica.

➡️ Hai límite de idade para participar?

En absoluto. A música tradicional galega é para todas as idades. O importante é ter ganas de aprender e desfrutar. En Os Chaneiros na actualidade hai nenos e nenas dende 9 anos ata persoas xubiladas, creando un ambiente interxeracional moi enriquecedor.

➡️ Que instrumentos necesito para empezar?

Se tes o teu propio instrumento, xenial. Se non, nós podemos deixar frautas, algunha gaita, pandeiretas, cunchas ou tamboril en préstamo para comezar. Máis adiante tamén podemos asesorarte para escoller a gaita, a pandeireta ou o tamboril máis axeitado para ti. Pero lembra, que contamos con opcións de préstamo ou alugueiro segundo dispoñibilidade.

➡️ Canto duran as clases?

As sesións teñen unha duración media dunha hora semanal, aínda que se organizan actividades especiais ou talleres puntuais para reforzar a aprendizaxe.

➡️ Onde se imparten as clases?

As clases teñen lugar na nosa sede no colexio SEI San Narciso en Chan do Monte, conta con aparcadoiro amplo e un cómodo acceso, un espazo para aprender, compartir e gozar da música tradicional que leva en activo máis de 50 anos.

➡️ Podo probar unha clase antes de matricularme?

Si. Contas cun mes completo de proba para que coñezas o ambiente, o profesorado e o método de ensino antes de tomar a decisión final

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


Publicado

en

por

Etiquetas: