50 aniversario de Os Chaneiros

50 aniversario Chaneiro – Historia
A banda de gaitas Os Chaneiros formouse no ano 1974 da man do padre Marino, mestre do Colexio San Narciso dos Padres Paúles en colaboración con Antonio Fernández, bedel do centro.
Xuntos buscaban rapaces que quixesen tocar a gaita polas aulas, nunha época que non estaba de moda, e aos poucos comezaron as primeiras actuacións.
O nome xurdiu do lugar onde está o colexio, o Chan do Monte, en Mogor, como un xentilicio máis, e ata a primeira muiñeira composta especialmente para o grupo, tivo ese nome.
Dende os seus inicios, o propósito principal é o da difusión da cultura musical da nosa terra, das tradicións e do folclore galego, facendo escola de nenos e nenas, pero tamén de calquera que queira aprender a tocar a gaita, o tambor, bombo, pandeireta e baile.
Ademáis, temos documentos do grupo, e fainos moita ilusión podelos compartir por aquí con todos vós. Pincha na seguinte imaxe manuscrita polo Padre Marino, e consulta a súa transcrición:

Galería de fotos – Arquivo chaneiro
50 anos son moitos anos, e son moitos os chaneiros que pasaron polo grupo. Neste apartado queremos compartir con todos vós as imaxes de arquivo de Os Chaneiros, e agardamos que poidades compartir tamén algunha que teñades nos vosos álbums.
Atopaches algunha na que saias?
Somos escola, ven a aprender
Vendo a galería entrouche nostalxia da gaita, tes morriña chaneira? Ven de novo a ensaiar connosco.
Aínda non te atreviches cos instrumentos tradicionais? Estamos agardándote para comezar neste fabuloso mundo do folclore galego.
Queres que o teu rapaz ou rapaza aprenda a tocar a gaita ou a pandeireta? Queremos ser a súa escola!

- Frauta e gaita
- Pandeireta
- Tambor
- Baile tradicional
- E máis!