Galería de fotos de Os Chaneiros

Galería de imaxes de Os Chaneiros, onde poderás facer unha viaxe gráfica ao longo da historia do grupo durante os 50 anos que van dende 1974 ata 2024. Centos de gaiteiros e gaiteiras, de pandeireteiras e músicos que pasaron polo grupo con diferentes cambios de década, e ata un de século e milenio…

Non cho perdas, e fainos chegar tamén as túas fotos chaneiras. Agardámoste!

fotos Destacadas de Os chaneiros

Apareces nunha foto? Queres voltar ao grupo? Contacta connosco.

inicios chaneiros – década dos ’70

Algunhas fotos do arquivo dos primeiros anos do grupo. Unha época marabillosa onde tiñan gran protagonismo as figuras do padre Marino e Antonio Fernández.

consolidación do grupo de gaitas e máis – década dos ’80

Nestes anos o grupo era moi numeroso, os máis aventaxados ensinaban aos novos e o padre Marino seguía na procura de nenos e nenas con aptitudes para a gaita, o baile ou a percusión da Asociación artístico-cultural Os Chaneiros.

o 25 aniversario – hitos da década dos ’90

Nesta década hai unha viaxe importante para o grupo a Zaragoza e se chega aos 25 anos de historia. Non vos da unha pouca de vertixe pensar que xa pasaron outros 25?

Imos por outros 25 anos máis, chaneiros!

Os chaneiros continúan – década dos 2000

Imaxes dunha década de cambio, cambio de década, de século e de milenio, pero as andanzas seguen: importantes xuntanzas en 2004 e 2009, nacen As Chaneiras en 2008, e ata un Bautizo de Mar…

E seguimos en pé – década dos 2010

O grupo continúa, Os Chaneiros non perden a súa esencia e teñen a oportunidade de facer colaboracións con artistas de renome en actuacións coma a de Óscar Ibáñez en Marín. Aquí unha mostra das actuacións de sempre con outras un pouco máis especiais.

Actualidade dos chaneiros – impulso polo 50 aniversario

Na actualidade o grupo chega aos 50 anos de historia, e este é un momento importante e clave para seguir apostando pola cultura galega, polas nosas músicas e tradicións. Quen se apunta?

Apareces nunha foto e queres eliminala? Contacta connosco

Botón de contato por whatsapp