
Actividades
Actividades culturais galegas para tódolos públicos. Consulta os ensaios e os horarios das clases nesta páxina. Elixe a túa paixón pola música galega e ven á escola de Os Chaneiros para aprender connosco.
Un espazo aberto para todos e todas, dende nenos e nenas, ata persoas xubiladas que queran desenvolver os seu gusto pola gaita ou a percusión. Contamos con clases de diferentes niveis para que esteas a gusto aprendendo.

Clases de gaita para perfeccionamento con profesor profesional e ensaios grupais para montaxes de novas cancións. Tocamos gaitas en DO, pezas tradicionais e outras do Mestre Landín e Antonio Fernández creadas de forma expresa para a Asociación artístico-cultural Os Chaneiros.

Se aínda non tes coñecemento de gaita, hai clase coa frauta para iniciarse coa música tradicional e os instrumentos de vento. Adáptase a dixitalización para que se corresponda coa gaita, e unha vez se comece a dominar as notas ou algunha melodía, pode pasarse ás gaitas prestadas polo grupo.

Para tocar o tambor ao ritmo da música popular galega, para arranxos, para compartir a paixón pola música e a percusión temos clases de tambor. Os Chaneiros apostan polo tradicional xunto a novidades para dar valor engadido á música e ás melodías das súas gaitas. ¡Aprende connosco!

Hai uns anos que este instrumento vai collendo forza, e a verdade que a nós, nos encanta. É fundamental para a nosa música, e ofrecemos clases para aprender distintos ritmos para muiñeira, xota, alborada, pasodobre, rumba, polca, mazurca ou vals. A pandeireta é moi versátil e alegre.

O baile é unha fermosa maneira de comezar no mundo do floclore galego. Viste ás cancións de cores e movemento. Para os máis pequenos supoñe actividade física e fomento do gusto pola música tradicional. Para os maiores, unha forma divertida de facer exercicio físico e poder gozar da música da nosa terra.

Ademáis contamos con clases de percusión en conxunto, con bombo, cunchas, claves, triángulo, pandeiro, tarrañolas, culleres, peitoques… Todo o necesario para acompañar e reforzar o ritmo a música galega e comezar unha foliada. Clases para dominar a percusión que máis che guste.