
catálogo de Actuacións
Nesta páxina tes información sobre os servizos que oferta o grupo de Os Chaneiros. Gozamos da música galega, do baile tradicional e encántanos ver como as persoas de calquer aldea ou cidade, nunha festa popular, ou nun evento privado, gozan connosco e coa nosa música.
Queremos acompañarvos, consulta as nosas especialidades e contacta para máis información.

A nosa música e o baile tradicional galego, é unha forma preciosa de acompañar nas cerimonias máis importantes da vida dunha persoa. Dende vodas, bautizos e comunións, ata misas solemnes ou festas privadas.
Encántannos as foliadas, e temos posibilidade de actuacións do grupo completo ou de cuarteto.

As procesións rexen moitas das tradicións da nosa terra. Cada parroquia, cada barrio, ten a súa propia festa e case con seguridade o seu Santo ou Santa. Os Chaneiros acompañan na procesión dando solemnidade e completando coa música das nosas raíces un momento importante do ano para cada lugar.
Consulta dispoñibilidade.

Para levar a ledicia da música tradicional, encántanos participar en pasarrúas que van por cada recuncho de cada parroquia, pasar polos barrios das nosas vilas, ou polas casas da xente dun lugar.
É a mellor maneira de achegarnos aos demais, de convivir coa nosa música, coas gaitas e a percusión que alegran ao noso país.

Contamos cun amplo repertorio de cancións para cantar na misa. É fermoso escoitar as voces do noso coro nos momentos clave dunha cerimonia relixiosa.
Cancións en galego e acompañadas de guitarra e frauta ou requinta para dar solemnidade ás misas.
Consulta o repertorio de Os Chaneiros.

Cun repertorio propio e versións de cancións tradicionais e populares, ofrecemos concertos de diferente duración.
Para bailar muiñeiras ou xotas, rumbas ou pasodobres, para acompañar na festa ou nun acto institucional.
A nosa música é perfecta para estes momentos.

A nosa música reflicte a alma do pobo galego. Compartir a nosa paixón con músicos da nosa terra fainos medrar como grupo.
Gozamos coas colaboracións que xorden con quen comparte connosco o amor pola música tradicional galega.
Conta connosco, contamos convosco.

