Os Chaneiros – 50 anos de historia

50 anos de historia de Os Chaneiros son moitos anos, e dan para moito: moitos chaneiros e chaneiras polo mundo, moitas cancións propias, moitas imaxes, anécdotas, altos e baixos, pero sobre todo moito amor pola nosa música, polas nosas tradicións e polas persoas que contribúen día a día a que Os Chaneiros sigan sendo un referente na música tradicional galega en Marín.

A continuación, contámoste a historia da Asociación artístico-cultural Os Chaneiros, ligada dende os seus comezos ao Colexio San Narciso.

Comeza a viaxe…

  1. Fundación de Os Chaneiros
  2. Inicios do grupo e repertorio para Gaita
  3. Gaiteiros ilustres
  4. Anos ‘80
  5. Anos ‘90
  6. Viaxes
  7. Continuará…

Fundación de Os Chaneiros

Os Chaneiros como banda de gaitas, constitúese en 1974, pero xa hai algún rexistro gráfico do ano anterior dun grupo de nenos e nenas do Colexio San Narciso, que xunto a Antonio Fernández toca nas festas de San Miguel en Marín.

Esta foto descrita e firmada por un dos principais compositores, e un dos fundadores da asociación, é unha xoia para nós.

Ima

Igual que algúns dos documentos escritos a man polo padre Marino, como o limiar que aparece na seguinte imaxe.

Limiar escrito a man polo padre Marino falando sobre Os Chaneiros

A verdade que Antonio Fernández e o Padre Marino foron dúas persoas imprescindíbeis para a realidade da banda. Malia que o segundo estivo a piques de botarse atrás por unha accidente de tráfico á volta dunha viaxe a Ourense para unha actuación do grupo.

Inicios do grupo e repertorio para Gaita

Como conseguiu un repertorio propio o grupo?

Dende o principio era perfectamente audible, tanto en Mogor como en Marín, o son das gaitas
ensaiando polas pistas do San Narciso. Aínda agora soan a miúdo, mais o ruído que nos envolve, non sempre deixa que se escoite coma antes.

En calquera caso, a verdade é que ao principio tiñan estandarte, nenos e roupas, só faltaba “o repertorio” para os Concertos…

E Antonio púxose mans á obra.

Pouco a pouco, comenzaron as actuacións nas festas dos arredores, que se multiplicaron
rápidamente por toda Galicia e tamén polo extranxeiro, e isto axudou a que a creación de melodías feitas por Antonio expresamente para Chaneiros fóra máis prolífica, creacións fermosísimas como:

  • Chan do Monte
  • Rosiña chaneira
  • Froito novo
  • Carrapucheira
  • Pra Medeiros
  • Polca chaneira
  • Alborada de Verín
  • Alborada de Oímbra
  • Corisca
  • Solpor en Chan do Monte
Ofrenda floral a Santa Cristina, nenos galegos nos anos 80. Grupo de Os Chaneiros.

E aos poucos, o que comenzou sendo “Grupo de Gaitas” ampliouse a “Grupo de Baile” e a “Grupo de cantar nas Misas”, engadindo instrumentos de corda e voces, creando a que aínda segue sendo o requerimento chaneiro por excelencia: a Ofrenda con Baile, dándolle así un folclorismo fermoso e propio ás actuacións, e promovendo unha maior fama á hora de contratar aquel numeroso grupiño folclórico de nenos e nenas.

Gaiteiros ilustres

A “filosofía deste Grupo” foi desde un principio ensinar. O padre Marino foi o “primeiro profe” logo, os que máis xeito lle daban, ensinaban ós outros.

E así, ao longo dos anos, por Os Chaneiros pasaron centos de gaiteiros e tamén gaiteiras, nunha época na que causaba moi diversas reaccións o feito de ver nenas coa gaita e incluso, “vestidas de home” por non ter roupa “de muller” para tocar no grupo, coma Rosa Diz.

Moitas foron as anécdotas que hoxe aínda Julio Santos ten na memoria e explica tan ben.

Algúns non pudieron seguir coa afición, os máis formaron novos grupos aquí, coma Beiramar ou Picuíña.

E destes 25 primeiros anos, xorden gaiteiros importantes do panorama do folclore galego como:

Anos ‘80

O grupo medra e incluso hai algunha escisión, mais quen segue, ten a mesma ilusión dos primeiros tempos. Así, foise conformando Os Chaneiros como “Asociación artístico-cultural”.

A fama multiplicouse e as actuacións tamén, e a parte loxística foi moi importante, contando coas
colaboracións de moitos pais e nais, principalmente de Pilar Bértolo, Loli Álvarez, Julio
Santos ou Pili Ballesteros. Grazas a eles tamén podemos compartir hoxe unha gran galería de fotos de estes anos:

Anos ‘90

Unha lembranza moi importante para tódolos chaneiros dos ’90 foi a xuntanza de mil gaiteiros na Praza da Quintana, cando Fraga entrou na Xunta, no 1990. Gaitas de toda Galicia, de diversos lugais e mesmo de Pontevedra, que se coñeceron alí e puideron compartir o seu gusto pola nosa música e en particular pola gaita.

Pouco despois, Antonio abandonou o San Narciso no 1992 e o Padre Marino marchou para Maceda, pero a Escola chaneira seguíu preparando xente para tocar todo tipo de instrumentos tradicionais: os máis veteranos ensinaban ós novos, como un aínda neno Adrián Ínsua na sua tanda, conseguindo aumentar integrantes con xente de fora do Colexio e de Marín.

Instrumentos como gaita, tamboril, triángulo, pandeireta, clave, culleres, charrasco, pandeiro, cunchas, guitarra, bandurria, tiveron e teñen importante presenza no grupo.

O Padre Marino e Antonio Fernández deixaran pegadas e sentimentos moi fortes, e recibiron máis dunha homenaxe e visita de honra do grupo que eles mesmos crearon e fixeron medrar nos primeiros anos.

E, en nada, chegou o 25º Aniversario do Grupo!!

Deste evento contamos con varios recortes de periódicos, mais non gardamos ningunha foto. Se tes algunha, faínola chegar por aquí.

E aínda hoxe quedan no grupo dous nenos que comezaron nos ’90. Sabedes quen son?

Bueno… Xa non son tan nenos 😅

Viaxes

Outras das lembranzas do grupo teñen que ver con eses viaxes que marcaron a infancia e xuventude de moitos chaneiros e chaneiras ao longo destes anos. Algún dos máis subliñables son:

  • Suíza
  • Alemaña
  • Salamanca
  • Zaragoza

Deixámosvos algunhas fotos deles:

Continuará

Pero aínda só chegamos a 1999, e quedan outros 25 anos de historia que xa pasaron e moitos máis por diante…

Continúa coñecendo os 50 anos de historia de Os Chaneiros no seguinte artigo:

Os Chaneiros no século XXI: Gaitas, cantareiras e folclore galego (próximamente…)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


Publicado

en

por

Etiquetas: