Limiar Padre Marino

Introducción

A continuación, ofrécese unha transcrición do limiar manuscrito do padre Marino para a recopilación do repertorio de o grupo de Os Chaneiros no ano 1974.

Limiar escrito a man polo padre Marino falando sobre Os Chaneiros

Transcrición

No ano 1974, coma que non quere a cousa, seis internos espertan aos outros cunha “alborada” de gaita: Acababan de nacer “Os Chaneiros” de S. Narciso.

Daquela, topar piezas non era doado.

De primeira, transcribimos as máis populares.

Máis tarde, Rivas proporciónanos unha libretiña cunha ducia de muiñeiras.

Pouco máis tarde o P. Pascual mándanos de New York todo un libro, que el recollera, nas romaxes.

Logo fotocopiamos o Casto S. Pedro e chegamos a Asturias, onde nos fixemos co repertorio de P. Torner.

En León, conseguimos o de Fernández Nuñez (Astorga).

De Ortigueira chéganos a colleita daquelas xuntanzas.

Antonio Fernández adícanos un feixe de pezas.

En 1982 Os Chaneiros chegan a Zurich.

Pra entón xa tiñan enfiado e tocado todo este repertorio.

Pouco tempo despois o grupo escíndese e vaise facendo máis crítico nos bailes e na música.

En 1984 incorpora gran parte do Mestre Landín, e el mesmo lle compón moitas pezas.

Aquí empezará unha xeira pro grupo que gana en calidade e xa chegan a corenta compoñentes.

En canto o transcrito, sempre quixemos ser fieis ós orixinais, cousa non moi doada, dadas as moitas copias e variantes.

Temos que facer notar:

  1. Nós tocamos en “do”, escribimos en “do”.
  2. Soio poñemos os mordentes cando son parte melódica.
  3. Non expresamos os mesmos cando son “piques”.
  4. En canto o instrumento, preferimos o cromatismo ó floreo.
  5. Moitos títulos poñémolos nós para saber a que nos referimos.

Se a ledicia da emoción fai rir ou chorar a moita xente, e esto é o máis importante feito da nosa vida, nós damos testemuña de telo visto en moitos lugares da nosa Xeografía Galega.

Polo mesmo, pensamos que o Folklore é algo máis profundo, vencellado ó noso ser herdeiro do ancestral. Algo que merece o noso traballo e a nosa loita cotián.

Cando, por un intre, estamos facendo esquencer as dores e as penas, estamos dando “Felicidade”.

Facemos Caridade.

Compartimos a ledicia.

Achegámonos a Deus.

Mira se ten importanza, amigo, estas cantigas nosas. Por eso, as copiamos con amor, con cariño, con tenrura.

Velas ahí as que Os Chaneiros foron tocando deica 1984.

Marín 25 de Agosto de 1988

Marino

Retrato do Padre Marino

Unha resposta a “Limiar Padre Marino”

  1. Avatar de María JUDITH FONTAN SOTO
    María JUDITH FONTAN SOTO

    HOLA SOY JUDITH,ME ENORGULLECE SABER DE LA HISTORIA DE CÓMO FUERON LOS COMIENZOS DE -OS CHANEIROS-,YO ENTRÉ SI NO ME EQUIVOCO,EN EL 82 Y ERA MUY PEQUEÑA Y NO PREGUNTABA ESAS COSAS.APARTE DECIR QUE EL PADRE MARINO ERA UN GRAN MÚSICO
    MULTIINSTRUMENTISTA Y NOS ENSEÑO MUCHO MUCHO.Y POR LO QUE LEÍ TENIA MUY BUENAS MUCHAS GRACIAS POR LA INFORMACIÓN.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


Publicado

en

por

Etiquetas: